As Arpas de S. Martiño

Presentación da reconstrución das arpas do Pórtico de San Martiño de Noia
Teatro Coliseo Noela. 27 de xullo, 21 h.
Entrada de balde previa retirada de invitación na taquilla do teatro.
O acto consistirá en :
Presentación a cargo de representantes do goberno municipal
Intervención do luthier Luis Martins
Actuación do grupo Noia Harp Consort con música medieval e renacentista:
Alba Barreiro,  Rodrigo Romaní, arpas do Pórtico de S.Martiño
Laura Barreiro, arpa céltica
Esperanza Mara: fídula, viola, voz
Xulia Feixoo, percusión

Unha das novedades importantes da V edición do Noia Harp Fest é o proxecto de reconstrución das dúas arpas representadas na arquivolta da igrexa de San Martiño, proxecto financiado polo Concello de Noia a iniciativa da Concellería de Cultura, asesorada polo director do Festival, Rodrigo Romaní. Esta arquivolta foi realizada en 1434 e semella unha reminiscencia tardía dos pórticos románicos, dos que a mellor mostra está a tan só 35 kms en Santiago de Compostela, o famosísimo Portico da Gloria do Mestre Mateo.

A reconstrución será levada a cabo polo luthier galego especialista en arpas Luis Martins. Os instrumentos serán presentados oficialmente  o dia 27 de xullo en primeira instancia nun acto público que se celebra no Teatro Coliseo Noela e, catro dias despois, soarán no concerto especial de Carlos Nuñez & Convidados, nas mans de Arianna Savall e Rodrigo Romaní.

Comienza escribiendo tu búsqueda y pulsa enter para buscar. Presiona ESC para cancelar.

Volver arriba
Traducir páxina »